A tensión polo peche do Complexo Deportivo Rías do Sur, que será efectivo na súa totalidade a partir deste venres 1 de abril, non decrece co paso dos días, e proba deles é o cruzamento dialéctico que mantiveron nas últimas horas uno dos clubs afectados, o Galaico Sincro, coa empresa Supera, concesionaria das instalacións de Ponte Muíños.
Tras protagonizar unha concentración fronte ao ximnasio que Supera ten na céntrica rúa Blanco Porto, o Galaico Sincro sinalou que os presentes na protesta era "parte dos reféns polos cales a concesionaria pide 1.000.000 de euros", en alusión á proposta feita por parte da empresa á Fundación para renunciar aos 14 anos de explotación que lle restan.
Esa publicación foi respondida polo perfil oficial dos centros Supera, defendendo que "nin son reféns nin pedimos un millón de euros pola cara", alegando ante a insistencia do club deportivo que "non secuestramos nenos. Dicir iso é unha barbaridade ademais de falso".
Buenos días. Ni son rehenes ni pedimos un millón de euros por la cara. Un saludo.
— Centros Supera (@centrosupera) March 31, 2022
A discusión alude tamén aos problemas financeiros do sector do fitness compartindo a entidade deportiva informacións sobre as perdas declaradas pola empresa matriz da concesionaria, Sidecu.
De nuevo, no secuestramos niños. Decir eso es una barbaridad además de falso. Por otro lado, tendéis a repetir conceptos de economía financiera sin tener ni idea de la misma. Un saludo.
— Centros Supera (@centrosupera) March 31, 2022
Un reflexo de que os nervios se manteñen a flor de pel mentres non se atopa unha solución para reabrir unha instalación deportiva considerada por todos como estratéxica para a cidade.