Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil

Pontevedra
06 de agosto 2016

A xogadora arxilista alternou o ano pasado o primeiro equipo co filial de primeira división galega. Seguirá un ano máis vestindo de verde e convértese na sexta xogadora confirmada para a próxima tempada

Cristina Díaz-Pache no partido entre Arxil e León no CGTD
Cristina Díaz-Pache no partido entre Arxil e León no CGTD / Diego Torrado

O Club Baloncesto Arxil segue esfollando a margarida e confirmando as integrantes do seu novo plantel.

Cristina Díaz-Pache foi a última en aceptar a oferta de renovación do club, converténdose na sexta xogadora confirmada para a próxima campaña, uníndose así ás renovacións de Carla Fernández, María Lago, Ana Román e María Centeno e a fichaxe de Waleska Pérez.

No caso de Cristina, cumprirá a súa sexta campaña na entidade pontevedresa, na que alternará a súa faceta deportiva coa de fisioterapeuta nos equipos de base.

"Achegará ganas de traballar e calidade", sinala Lino Vázquez, ademais de ofrecer alternativas no xogo ao poder xogar no posto de alero e de ala-pívot.