O CB Arxil xa traballa na planificación da nova tempada e faino co anuncio da primeira xogadora renovada: Cristina Díaz-Pache.
Desde a entidade pontevedresa móstranse "felices" por poder confirmar a continuidade no club dunha das xogadoras que, con doce campañas vestida de verde, é unha das que máis tempadas leva defendendo as cores do Axil.
Ás ordes de Mayte Méndez, Díaz-Pache desenvolveu toda a súa carreira como deportista sénior e desde os primeiros cursos en Pontevedra a ala pívot demostrou ser unha peza fundamental para a adestradora.
Na última tempada asinou unha media de 2,7 puntos e 2,5 rebotes ao longo dos 18,8 minutos de xogo por partido que promedió durante toda a campaña.
Díaz -Pache espera seguir achegando este ano ao equipo "unha defensa forte e en ataque dar todo o que poida", dixo tras o anuncio da súa renovación. O obxectivo que se marca este ano é o de repetir a clasificación para a fase de ascenso e "dar ese paso adiante que nos faltou o último ano". Para logralo pide á afección "que siga indo apoiarnos ao pavillón cada partido, este ano que xa se puido ter unha asistencia case sen restricións e nós sentimos o seu agarimo na pista", rematou.