Corenta nadadores celebran a Arousaman para recadar fondos para loitar contra o dano cerebral adquirido

O Salnés
31 de xullo 2021

A travesía a nado bianual no competitiva, Arousaman, celebrou este sábado unha nova edición en favor do DCA (dano cerebral adquirido). Todos os beneficios obtidos foron destinados á Asociación de Daño Cerebral de Compostela 'Sarela'

Fabiola García cos participantes da travesía Arousaman
Fabiola García cos participantes da travesía Arousaman /

A travesía a nado bianual no competitiva, Arousaman, celebrou este sábado unha nova edición en favor do DCA (dano cerebral adquirido). Todos os beneficios obtidos foron destinados á Asociación de Daño Cerebral de Compostela 'Sarela'.

A saída dos participantes produciuse desde a praia de Confín, no Grove, onde estaba Fabiola García, conselleira de Política Social, que felicitou aos organizadores por permitir, a través deste campionato, amosarlle ao mundo a valía das persoas con dano cerebral adquirido e transmitiu o seu ánimo aos nadadores antes de realizar o traxecto que rematou na praia de Coroso, en Ribeira.

En total, 40 persoas chgadas de diversas zonas de Galicia, País Vasco, Andalucía, Castela a Mancha, Castela e León, Madrid, Asturias e Valencia recorreron as 7,04 millas náuticas (13.038 metros) ou a alternativa de 4,5 millas (8.334 metros).