Convocada a Xunta de Accionistas do Pontevedra, na que debe renovarse a maioría do Consello

Pontevedra
26 de novembro 2024
Actualizado: 17:28

A maior parte do Consello de Administración granate debe renovar este ano o seu asento no órgano de mando. A Xunta de Accionistas fixouse, en primeira convocatoria, para o 26 de decembro

Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol no Pazo da Cultura
Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol no Pazo da Cultura / Mónica Patxot

O Pontevedra Club de Fútbol convocou formalmente á súa Xunta Xeral de Accionistas.

Fíxoo cunha dobre convocatoria, Ordinaria e Extraordinaria, que terá lugar o xoves 26 de decembro cun cambio de localización con respecto a anteriores citas, xa que terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Benito Corbal.

A xunta está fixada ás 17.45 horas no caso da convoctoria ordinaria e ás 19.15 horas da extraordinaria. Si non hai cuórum, a segunda convocatoria tería lugar un día despois no mesmo horario.

Na primeira delas someteranse a exame e aprobación dos accionistas as contas anuais a 30 de xuño de 2024, e explicarase o orzamento elaborado para a actual tempada deportiva, a 2024/2025.

A maiores, gran parte da atención centrarase na convocatoria extraordinaria, na que está prevista a renovación da maior parte do Consello de Administración.

Os seus puntos do día son a "dimisión e/ou cesamento de conselleiros cuxo mandato vence o próximo 30 de decembro de 2024", así como a nova elección de representantes do organismo de dirección do club granate.

Neste punto cabe lembrar que conclúen o seu mandato de cinco anos os conselleiros Ricardo Tilve, Enrique Mariño, Juan Abal, Manuel Ruibal, Roberto Feáns e tamén os dous representantes que se manteñen por parte do grupo opositor, José Manuel Fernández e José Luís Uhía Castro 'Piscis'.

No caso da presidenta, Lupe Murillo, renovou o seu asento no Consello en abril de 2021 por cinco anos máis.

Ademais cabe lembrar que José Luís Tilve foi cesado do seu asento no Consello de Administración en abril de 2022 e que Luís Durán finalizou o seu mandato no cargo en 2023.