A Sociedade Deportiva Teucro deu por concluído este xoves o seu proceso electoral coa proclamación, por terceiro mandato, de Carlos García-Alén como presidente para o próximos catro anos, ao ser a única candidatura formalizada.
O dirixente apostará por dar continuidade ás ideas postas en marcha nos últimos anos, pivotando sobre varios aspectos. O primeiro deles será un primeiro equipo que se quere manter "en la máxima categoría posible".
Ademais preténdese "recuperar la base y la parte femenina del club porque estos años perdimos algún equipo", sinalou o máximo responsable teucrista antes de centrar a súa atención no aspecto económico, no que a prioridade segue sendo "asegurar la viabilidad del club" reducindo a débeda existente.
Neste sentido a vía debe ser o "incremento de ingresos" que permita "no tener tanta dependencia de las administraciones", tendo en conta que "en el caso del Concello llevamos dos años de retraso en las ayudas y eso nos lastra", explicou García- Alén.
O recentemente presentado proxecto Ideas & Empresa, co que o Teucro pretende fortalecer o vínculo cos seus patrocinadores, avanza por este camiño co obxectivo ambicioso de "poder incrementar la facturación cerca de 100.000 euros".
Para iso no que será o seu terceiro mandato a xunta directiva que lle rodea contará con caras novas, pasando dos 6 membros que empezaron a tempada á ducia de integrantes.
Carlos García- Alén foi proclamado de novo presidente do Teucro nunha asemblea de socios celebrada na residencia de estudantes de Afundación.