Constituído o comité organizador do Campionato de Europa de Ciclocrós

Pontevedra
15 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Pontevedra segue a dar pasos na organización do gran evento deportivo que acollerá a cidade este ano 2024, o Europeo de Ciclocrós que terá como escenario a Illa das Esculturas os días 2 e 3 de novembro

Constitución do comité organizador do Campionato de Europa de Ciclocrós
Constitución do comité organizador do Campionato de Europa de Ciclocrós

Pontevedra segue a dar pasos na organización do gran evento deportivo que acollerá a cidade este ano 2024, o Campionato de Europa de Ciclocrós que terá como escenario a Illa das Esculturas os días 2 e 3 de novembro.

Unha reunión no Concello serviu este venres para constituír o comité organizador do evento.

Presidida polo alcalde de cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, a primeira reunión do comité organizador contou entre outros coa presenza do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez; o responsable provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

"É unha cita á que virá moitísima xente, falamos de máis de 5.000 persoas para velo e na que competirá toda a elite e todos os grupos de idade. Nunca se fixera un campionato de Europa en España", explicou Fernández Lores.

No encontro avanzáronse detalles sobre o orzamento previsto para o evento deportivo nos que se profundará nunha próxima reunión previstra para o vindeiro luns 18 de marzo.