Conflito aberto entre Pontevedra e TVG: "Non asinou o mesmo contrato que o resto de equipos"

Pontevedra
02 de setembro 2024
Actualizado: 13:21

O club granate non permitiu este domingo o paso das cámaras da Televisión de Galicia ao Estadio Municipal de Pasarón nin para emitir o encontro nin para captar imaxes para un resumo. É o único equipo galego de Segunda RFEF que polo momento se negou a asinar o contrato de cesión de dereitos coa canle autonómica

Churre, no partido de liga entre Pontevedra e Valladolid Promesas en Pasarón
Churre, no partido de liga entre Pontevedra e Valladolid Promesas en Pasarón / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol é, de momento, o único equipo galego de Segunda RFEF que se negou a asinar o contrato de cesión de dereitos audioviduales coa Televisión de Galicia (TVG).

Esta circunstancia provocou que o club granate este domingo, na primeira xornada de liga en Pasarón fronte ao Real Valladolid Promesas, negase a entrada ao estadio das cámaras da canle autonómica, nin para rentransmitir o encontro nin tan sequera para captar imaxes para o resumo do partido.

"Non lles podemos ofrecer as imaxes do Pontevedra-Valladolid. O Pontevedra non asinou o mesmo contrato que o resto de equipos de esta categoría e tampouco deixou entrar ás cámaras da Televisión de Galicia para ofrecer o resumo", xustificou en directo durante o popular programa En Xogo da TVG uno dos seus presentadores, Gustavo Varela.

40.000 euros ofreceu esta tempada a TVG aos equipos galegos de Segunda RFEF

Compostela, Coruxo, Bergantiños e RC Deportivo Fabril si chegaron a un acordo para ceder os seus dereitos.

O club granate tensa así a corda na busca dun mellor acordo de retransmisión, tras moitos anos colaborando coa TVG.

Neste sentido tirando dos datos presentados nas últimas Xunta de Accionistas, para fixar unha referencia da actual negociación, o Pontevedra recibiu na campaña 21-22 tamén en Segunda RFEF un total de 75.000 euros pola cesión dos seus dereitos televisivos á canle autonómica, mentres que en cursos anteriores na antiga Segunda B a cifra era de 65.000 euros anuais. Con todo na actualidade a cantidade descendeu notablemente, ata os 40.000 euros ofertados por tempada.

Ademais a potestade para fixar os horarios dos partidos é outro dos puntos de controversia na negociación.