Conceden a Pontevedra a organización do Nacional Alevín-Infantil de Inverno de Natación Artística

Pontevedra
10 de outubro 2024
Actualizado: 12:18

O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños acollerá o Campionato de España Alevín e Infantil de Inverno de Natación Artística do 28 ao 30 de marzo de 2025

Campionato galego de inverno de natación artística en Ponte Muíños
Campionato galego de inverno de natación artística en Ponte Muíños / Diego Torrado

Desde a súa reapertura, a intención da Fundación e do Concello de Pontevedra, con axuda dos clubs, é converter o Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños nunha referencia a nivel nacional. Por ese motivo, a organización de grandes campionatos é unha das súas metas.

Neste aspecto, a instalación pontevedresa asegurou o seu primeiro gran evento a nivel estatal de 2025.

A Real Federación Española de Natación confirmou que a Boa Vila acollerá do 28 ao 30 de marzo o Campionato de España Alevín e Infantil de Inverno de Natación Artística.

Será organizado polo Club Galaico Sincro con apóio da Federación Galega de Natación e do Concello, que asume os custos derivados do campionato.

Trátase dun evento no que o pasado ano, en Sabadell, participaron 333 nadadoras de 42 clubs nacionais.