Parecía un partido doado para o Cisne, que visitaba a cancha do último Pabellón de Ourense, un rival que aínda non coñece a vitoria na actual tempada, e non obstante os de Edín Covelo sufriron ata o final para facerse cos puntos e manter as súas remotas opcións de dar alcance ao Calvo Xiria e poder disputar o play-off de ascenso.
Os comezos do partido parecían confirmar os prognósticos que situaban o conxunto pontevedrés como claro favorito. O Cisne tomaba pronto a dianteira, cunha vantaxe de catro goles aos dez minutos de partido, pero os ourensanos non se renderon, e iso, unido ao exceso de confianza do cadro visitante, permitiulles mesmo se poñer por diante ao pouco de comezar a segunda parte.
Reaccionou o Cisne a tempo na recta final do partido para facerse cun triunfo máis laborioso do previsto.
PABELLÿN OURENSE (24): David Neves, Diego Marí; Alejandro Campos, Jorge Noguerol (5), Borja Pérez, Fran Varela (6), Quintas (1), Xurxo Pérez (2), Alberto Diz (6), Julio Marí (2), Víctor Novoa, Jorge Rodríguez, Álex Ruiz (2) e Rubén González.
BM CISNE (26): Edu Alonso, Iago González, Juanjo Novás; Rafa Gestido, David López (3), Iván Abilleira (2), Álex Chan, Pablo Rey (5), Andrés Sánchez (4), Rafa Dasilva (6), Pablo Picallo (3), Javi Vázquez (1), Carlos Rodríguez (2) e Miguel Simón.
Árbitros: Pablo Álvarez Vázquez e Lucas Crespo Gómez (Colexio galego). Excluíron por dous minutos a Borja Pérez e Julio Marí, polos locais, e a Andrés Sánchez, Rafa Dasilva (2) e Miguel Simón (2), polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 1-3, 3-7, 7-8, 9-10, 10-11, 12-14 (descanso), 14-16, 19-17, 19-20, 20-21, 22-25 e 24-26 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal Os Remedios (Ourense).