Difícil primeira xornada de competición a que tiveron que afrontar o pontevedrés Fernando Echávarri e a canaria Tara Pacheco na estrea da clase Nacra 17 de vela nos Xogos Olímpicos.
Vento inestable, con cambios de intensidade, pozos e choiva, complicaron as regatas iniciais na Baía de Guanabara.
Echávarri e Pacheco foron décimo sextos na primeira manga e duodécimos na seguinte quenda para clasificar provisionalmente na décimo oitava praza da xeral provisional.
Na primeira manga a parella española saíu na metade da frota, o que dificultou a súa chegada á primeira aboia. Pola súa banda na segunda roldaron o top-10 pero terminaron cedendo posicións.
Estaba prevista unha terceira regata, pero as malas condicións fixeron que se dese por finalizada a xornada con dúas probas, tras as que lideran os suízos Matias Buhler e Nathalie Brugger.
Por diante Echávarri e Pacheco teñen aínda tres xornadas de clasificatorias para escalar posicións e tentar chegar á Medal Race do próximo martes 16 de agosto.