Complicada saída para o Poio FS que se despraza a Alcorcón

Poio
21 de marzo 2014

O Poio FS rende visita á pista da AD Alcorcón FSF, actual terceiro clasificado tras Atlético de Madrid e Burela. O partido terá como escenario o Polideportivo Municipal Santo Domingo, da localidade madrileña, o sábado (20:00 horas)

Non o terá doado esta xornada para puntuar o Poio FS que rende visita á pista da AD Alcorcón FSF, actual terceiro clasificado tras Atlético de Madrid e Burela. O partido terá como escenario o Polideportivo Municipal Santo Domingo, da localidade madrileña, o sábado (20:00 horas).

Precisamente a hora de inicio do partido motivou que o equipo "rojillo" cambie o seu desprazamento, realizando a viaxe o mesmo día, con saída a primeira hora da mañá do sábado, para chegar a terras madrileñas a media tarde.

O técnico Marcio Santos, que ten a toda o equipo á súa disposición, lévase nesta ocasión a 11 xogadoras, nunha convocatoria integrada por: Silvia, Carmen, Yoly, Charo, Claudia, Ceci, Peke, Kiko, Paloma, Elena e Mar, coa esperanza de dar a sorpresa e regresar con algún dos puntos en disputa que afiancen o equipo na zona tranquila da táboa.