Comeza mandando o Pontevedra B pero remonta o Ribadumia e imponse con claridade

O Salnés
15 de outubro 2012

A vitoria permite ao Ribadumia remontar posicións e seguir o ronsel dos postos altos da clasificación

Partido aberto, intenso e con alternativas o que disputaron na Senra o Ribadumia e o Pontevedra B e no que ambos os dous equipos tiveron opcións de conseguir os tres puntos. Os locais necesitaban gañar para non quedar demasiado descolgados dos primeiros postos e fixérono (4-2) despois de remontar un gol temperán do filial granate. Na segunda parte, os de Pablo Vázquez poñerían terra de por medio nos primeiros compases pero, cando o partido parecía sentenciado, o gol de Diego Álvarez puxo a nota de emoción ata que na recta final chegou o tanto de Rober.

O Pontevedra B adiantouse no minuto 8 e controlou o partido ata o punto de que os locais non inquietaron a súa portaría ata o minuto 25, cando Sylla lanza un forte disparo dende dentro da área que despexa Edu con apuros. Cinco minutos despois Manu Nieto conseguía o empate que cambiaría o signo do partido permitindo ao Ribadumia impoñerse.

RIBADUMIA: Moncho, Marcos, Agra, Manu, Santos, Lucas, Bisti (Fran Castaño, min. 8), Sylla (Iago, min. 68), Manu Nieto, Chiño (Berto, min. 73) e Rober (Rubén, min. 86).

PONTEVEDRA B: Edu, Chicho, Alex (Cana, min. 81), Cristóbal, Héctor, Collazo (Pedro, min. 81), Víctor, Diego (Paco, min. 57), Buba, Pingüi e David (Diego Álvarez,min. 46).

Árbitro: Quintela Baluja (Santiago). Amoestou a Marcos, Manu, Manu Nieto e Fran Castaño polo Ribadumia e a Álex, Cristóbal e Héctor polo Pontevedra B.

Goles: (0-1) Min. 8: Diego. (1-1) Min. 30: Manu Nieto. (2-1) Min. 34: Manu Nieto. (3-1) Min. 54: Chiño. (3-2) Min. 73: Diego Álvarez. (4-2) Min. 82: Rober.

Incidencias: Campo Municipal A Senra. Uns 200 espectadores.