Comeza a semana do baloncesto en Marín co Campionato de España Infantil feminino

Marín
12 de xuño 2021

O evento comezou este sábado 12 cos primeiros partidos da fase de grupos e finalizará o vindeiro venres 18 de xuño coa gran final. Os encontros disputaranse nos pavillóns da Raña, Sequelo e San Narciso, onde se reunirán un total de 32 equipos chegados de todas partes de España

Partido entre Movistar Estudantes e Barça CBS na Raña
Partido entre Movistar Estudantes e Barça CBS na Raña /

Comeza a semana do baloncesto en Marín coa celebración do Campionato de España Infantil feminino.

O evento comezou este sábado 12 cos primeiros partidos da fase de grupos e finalizará o vindeiro venres 18 de xuño coa gran final. Os encontros disputaranse nos pavillóns da Raña, Sequelo e San Narciso, onde se reunirán un total de 32 equipos chegados de todas partes de España.

A xornada inaugural celebrouse ás 9:30 horas co duelo entre Buen Consejo e Uni Córdoba na Raña, co Canterbury School e o Aranguren Multibasket 07 en San Narciso, e co Torredolones contra o Valencia Basket en Sequelo. Este último comezou ás 10:00 horas.

Os equipos galegos que participarán neste gran evento serán o Celta Zorka, colocado no Grupo A con o Unió Esportiva Mataró Femení Mareme, o Unicaja Andalucía e o CN Helios; o Porriño BB, que competirá no Grupo B contra o Estudiantes Cartagena, o CD Pomete e o Real Canoe NC; e, por último, o Instituto Rosalía, que se atopa no Grupo H co CB Consell Alcudia, o Liberbank Oviedo e o Ardoi.

Entre os equipos participantes tamén se atopan o Valencia Basket, o Movistar Estudiantes ou o Barça CBS, grandes favoritos do torneo.

Consulta todos os horarios na páxina web do Peixe Galego.