Combarro presume da súa Volta a nado Illa de Tambo

Poio
28 de xullo 2024

Nadadores de dez comunidades autónomas ademais de deportistas chegados de países como Francia, Portugal ou Perú déronse cita este domingo en Combarro para competir na terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo  

Terceira edición da Volta Nado Illa Tambo combarro
Terceira edición da Volta Nado Illa Tambo combarro / Mónica Patxot

Nadadores de dez comunidades autónomas ademais de deportistas chegados de países como Francia, Portugal ou Perú déronse cita este domingo en Combarro para competir na terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo.

A saída e chegada da proba estivo situada na Praza da Chousa, con tres roteiros en función da distancia: unha de 6 quilómetros, a seguinte de 4,5 quilómetros e a terceira de só 1.000 metros.

No caso da máis longa, os tres homes que completaron o podio foron Iker Pérez, primeiro cun tempo de 1:32:24; Álvaro Gómez foi segundo (01:32:38), e Jorge Espinosa, terceiro (01:34:34).

Alba Maestro foi a primeira muller en completar os 6 quilómetros de travesía e foi terceira na clasificación xeral cun crono de 1:32:47. Seguiulle en segunda posición Esperanza Navarro (01:45:57) e en terceira Erika Machín (01:47:22).

Na carreira de 4,5 quilómetros, Diego Real fíxose co primeiro posto entre os homes (01:33:10) e Ana María Ojeda entre as mulleres (01:33:58); mentres que na máis curta, a de 1.000 metros, os gañadores foron Maite Soto (00:20:20) e Airam Oya (00:20:58).

Consulta o resto de resultados nesta ligazón