Colección de medallas galegas para o TM Monte Porreiro antes de afrontar o Campionato de España

Pontevedra
04 de xuño 2024

Matías Bentancor e Emma Álvarez foron os grandes triunfadores da fin de semana en Narón, onde se celebraron os campionatos galegos prebenxamín, benxamín, infantil e xuvenil

Matías Betancor e Emma Álvarez no podio do Campionato Galego celebrado en Narón
Matías Betancor e Emma Álvarez no podio do Campionato Galego celebrado en Narón / Tenis de Mesa Monte Porreiro

O Tenis de Mesa Monte Porreiro colle impulso antes de pechar a tempada cos campionatos de España que se celebrarán en Guadalaxara.

O club pontevedrés deuse todo un baño de moral e confianza nos campionatos galegos celebrados a fin de semana en Narón, nos que os seus deportistas fixéronse cunha importante colección de medallas.

Na localidade coruñesa tiveron lugar os torneos autonómicos de categoría prebenxamín, benxamín, infantil e xuvenil.

Mención especial merecen os resultados conseguidos por Matías Bentancor e Emma Álvarez, grandes triunfadores da fin de semana.

Betancor sumou tres medallas de ouro en categoría infantil, co triunfo individual e nos dobres tanto masculino como mixto facendo parella con Alexander Malov (Oroso) e con Emma Álvarez respectivamente. Ademais logrou con Brais Díaz gañou o dobres masculino de categoría xuvenil e sumou un bronce individual,

Emma Álvarez pola súa banda, ademais do ouro mixto infantil xunto a Betancor gañou o dobres feminino con Alba Prado e foi prata individual. A este botín sumoulle un bronce en idade xuvenil no dobres feminino xunto a Natalia Oubiña.

Outro triunfo do Monte Porreiro foi o logrado por Alba Prado con Alexander Malov (Oroso) no dobres mixto xuvenil.