Charles volve a casa: O Pontevedra confirma o regreso do dianteiro a Pasarón

Pontevedra
31 de xullo 2020

Os camiños de Charles e do Pontevedra Club de Fútbol estaban chamados a reencontrarse e, unha vez confirmada a súa saída do Eibar, o dianteiro brasileiro volve a casa. Será o reforzo estrela dun equipo que, sen dúbida, promete aspirar a todo esta tempada

Charles celebrando un gol co Eibar
Charles celebrando un gol co Eibar

Os camiños de Charles e do Pontevedra Club de Fútbol estaban chamados a reencontrarse e, unha vez confirmada a súa saída do Eibar, o dianteiro brasileiro volve a casa. Será o reforzo estrela dun equipo que, sen dúbida, promete aspirar a todo esta tempada.

Os detalles do contrato que unirá a Charles co Pontevedra coñeceranse nas próximas horas.

Aos seus 36 anos, e despois de tres tempadas defendendo as cores do Eibar -equipo no que xogou 100 partidos e marcou 32 goles)-, o xogador brasileiro cumprirá o seu desexo de acabar a súa carreira deportiva no club que lle abriu as portas do fútbol español.

Xogou no Pontevedra entre os anos 2004 e 2010, converténdose pola súa calidade e o seu carácter nun dos xogadores máis queridos pola afección.

Foi o Córdoba o equipo que o fichou tras a súa saída do Pontevedra e, posteriormente chegaron as súas etapas no Almería, Celta, Málaga e, finalmente, Eibar, cos que se consolidou como un dos dianteiros máis efectivos do fútbol español.

Tras todos estes anos, chegou o momento de gozar del de novo en Pasarón.