Facer o Camiño de Santiago se o Pontevedra conseguía o ascenso foi a promesa que fixeron os dianteiros do Pontevedra Charles Días e Brais Abelenda. A primeira parte do trato conseguírona o 15 de maio en Palencia, a segunda iniciárona este luns e completaron nesta tarde de martes.
"Saímos desde Tui e o obxectivo é chegar hoxe a Pontevedra", explicaba o luns o pichichi granate. Ataviados coas camisolas conmemorativas do Xacobeo, os improvisados ciclistas Dias e Abelenda cumpriron a súa previsión de completar en dúas etapas o Camiño Portugués desde a fronteira co país luso.
"Hoxe durmiremos en Pontevedra e mañá saímos xa cara a Santiago, é un pouco duro, pero imos facendo", comentaba o dianteiro brasileiro unhas horas despois de iniciar a marcha.
Brais y yo empezamos nuestro Camino De Santiago, habíamos hecho una promesa que si ascendíamos haríamos el camino. Y aquí estamos, hoy empezamos poco a poco. Besos y abrazos para todos y disfrutar del Verano @PontevedraCFSAD@camino_xacobeopic.twitter.com/HeuCgmgEHm
— Charles Dias 9 (@Charlesbrau9) June 13, 2022
Aínda que o plantel granate atópase oficialmente de vacacións, ningún dos integrantes descoida os seus adestramentos. De feito, algúns seguiron acudindo ao ximnasio de Pasarón para non perder a forma e con esta iniciativa, Charles e Brais Abelenda inician xa a súa particular pretemporada.
A iniciativa dos dous xogadores do Pontevedra motivou a resposta do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que, a través do seu perfil de Twitter, felicitou os dous futbolistas e animounos a completar o percorrido.
Facer o @camino_xacobeo é a mellor promesa que poderiades ter feito. Estou seguro que cumprila vaivos dar moita forza para que o @PontevedraCFSAD consiga novos éxitos a vindeira tempada!
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) June 13, 2022
@Charlesbrau9, @BraisAbelenda: desfrutade desta experiencia única! #BoCamiñohttps://t.co/N2tg7X2vyo
Una vez confirmada la llegada de los dos futbolistas a la Plaza del Obradoiro, el Pontevedra compartió a través de sus perfiles de redes sociales un mensaje en el que felicitaba a ambos por el logro.
Os nosos camiñantes @BraisAbelenda e @Charlesbrau9 cumplen a súa promesa polo ascenso e peregrinan a Santiago, tal e como acordaron co presidente @AlfonsoRuedaGal na recepción oficial. ¡Parabéns, granates! pic.twitter.com/uRBsiqCr6A
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) June 14, 2022