É un dos nomes propios do Pontevedra Club de Fútbol esta campaña. Xa o foi a pasada, pero os números a nivel individual non lle terminaron de saír con só 5 tantos, todos eles desde o punto de penalti.
Charles volveu a ser ese dianteiro temible polas defensas rivais, vendo porta con facilidade desde a primeira xornada de liga, o que lle permitiu coarse na pelexa por ser o pichichi da categoría.
O brasileiro suma xa 7 goles nas 9 primeiras xornadas de liga, sendo o máximo artilleiro do grupo e só superado por dous xogadores en toda a Segunda RFEF, Iván Martínez (Mutilvera) e Juan Delgado (Ibiza Pitiusas) que contan con 8 tantos nos grupos II e III.
Eses goles de Charles foron claves para os granates, primeiro cando non terminaban de arrincar e agora para manter a súa serie de triunfos e ascender á terceira posición, pero hai un aspecto que destaca, e é que a maioría desas dianas (5) chegaron da mesma maneira, con remates coa cabeza.
É unha das súas especialidades, buscando sempre a mellor posición dentro da área e adiantándose aos defensas rivais, así o demostrou xa na primeira xornada no empate contra o Compostela, no que logrou ver porta por primeira vez.
Minuto 20 da primeira metade en Pasarón
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 5, 2021
Gaña o @PontevedraCFSAD diante da @SD_Compostela grazas a este remate de @Charlesbrau9 pic.twitter.com/EuFUu3RmGb
Tamén na segunda xornada o 18 do Pontevedra conseguiu perforar a meta rival cun soberbio remate de cabeza, en Móstoles, cun gol que supoñía a remontada momentánea antes de que os locais acabasen conseguindo o 2-2 final.
Remonta o @PontevedraCFSAD ‼️
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 12, 2021
Entrou @rufinho9 formando parella en ataque a carón de @Charlesbrau9 e chegaron os goles
Estamos no treito final do partido pic.twitter.com/JluhFDWti9
Na xornada 4 chegou o seu seguinte tanto, fronte ao Bergantiños, aínda que desde o punto de penalti, pero só unha semana despois na visita do Arenteiro a Pasarón volvía anotar de cabeza. Foi no seu primeiro dos dous goles da tarde (o segundo foi co pé dereito para remachar un centro de Churre) que serviron para salvar un punto que parecía imposible cun equipo en plena crise.
@Charlesbrau9 salva a honra do @PontevedraCFSAD con dous goles que valeron o empate ante un @CD_Arenteiro que gañaba 0-2 no descanso‼️ pic.twitter.com/rvXvxh5SBs
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 4, 2021
A partir desa xornada chegou a reacción dos de Ángel Rodríguez, e aínda que o brasileiro non viu porta en Luanco si o fixo unha semana despois abrindo a goleada en Pasarón á UD Llanera no día do 80 aniversario do club, de novo cun remate coa testa adiantándose ao seu defensor.
Vímolo na G2!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 16, 2021
O @PontevedraCFSAD festexa o seu 80 aniversario con goleada e co seu segundo - consecutivo
Protagonista a parella 'Rufles'
@Charlesbrau9 marcou o primeiro no minuto 24 e @rufinho9 redondeou a tarde con dous goles máis
O carioca leva 6 e o madrileño 5 pic.twitter.com/OsY63yHpux
O último dos goles nesta conta chegou este pasado domingo, co inicio da remontada ante o Coruxo, ao rematar un centro de Brais Abelenda ao segundo pau. Era o empate momentáneo, previo ao tanto de Javi Rey no desconto que fixo explotar de xúbilo á afección e que deu a cuarta vitoria consecutiva ao equipo. E que sexan moitas máis.
Empata o @PontevedraCFSAD no derbi@Charlesbrau9, máximo goleador da categoría con 7 tantos, remata de cabeza o centro de Brais
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 31, 2021
-
Quedan 10 minutos pic.twitter.com/JHZTznXXxM