Cerdedo-Cotobade renova o seu compromiso coa Transgalaica de BTT e abrirá o calendario de 2018

Cerdedo-Cotobade
04 de outubro 2017

Carballedo será un ano máis o escenario da cita inaugural da Trangalaica, circuíto galego de BTT maratón que contará por décimo ano consecutivo con parada en Cotobade. A carreira disputarase o último domingo do mes de febreiro

Saída da Transgalaica 2017 en Carballedo
Saída da Transgalaica 2017 en Carballedo / Diego Torrado

O circuíto galego de BTT Maratón terá parada por décimo ano consecutivo en Cotobade.

Carballedo repetirá como cita inicial no calendario da Transgalaica 2018, segundo confirmou a organización do Team Relay.

A proba, con preto de 60 quilómetros de percorrido por pistas e carreiros montañosos do municipio, celebrarase o último domingo do mes de febreiro, o día 25.

En Cerdedo-Cotobade daranse cita un ano máis os mellores especialistas do noroeste peninsular, coa aspiración de superar os preto de 350 ciclistas que tomaron a saída na pasada edición.

Tras a cita inaugural, a Transgalaica de BTT maratón repetirá o calendario de 2017 con carreiras en Ames, Vigo e A Estrada.