Unha do xogadoras emblema do Poio Pescamar, Cecilia Puga, non seguirá defendendo a camiseta do equipo vermello.
A entidade conserveira confirmou a saída da futbolista internacional marinense, clave no ascenso á máxima categoría e nas últimas campañas, e que poñerá fin así á súa segunda etapa no Poio, do que se separou momentaneamente para afrontar unha aventura na Primeira División de Italia.
"Agradecemos a súa profesionalidade e dedicación", sinalan desde o Poio Pescamar sobre Ceci, que segue así os pasos doutras xogadoras importantes no equipo como Jenny e Ale de Paz.
A pesar desta saída, a planificación da próxima tempada non se detén no club presidido por Juanjo García, que pechou dúas renovacións de peso, as de Iria Saeta e Daniella Sousa.
No caso de Iria, as lesións impedíronlle render ao máximo nivel desde a súa chegada ao pavillón da Seca, pero desde o Poio Pescamar confían en que a terceira tempada sexa a vencida e se poida ver á xogadora que se proclamou dous ano máxima goleadora da Primeira División.
Pola súa banda a brasileira Daniella Sousa foi unha das xogadoras destacadas do curso recentemente finalizado, e está chamada a gañar aínda maior protagonismo no equipo.
Ambas as dúas xogadoras únense ás renovadas Silvia Aguete, Antía Pérez e Carol Agulla e ás fichadas Andrea Feijóo e Caridad García como nomes confirmados do novo proxecto deportivo conserveiro.