Catro compromisos para a pretempada do Poio Pescamar

Poio
15 de agosto 2023

O conxunto conserveiro deseñou unha pretempada na que contará con catro citas amigables, unha por sábado ata o inicio da competición no mes de setembro

Primeiro adestramento do Poio Pescamar 23-24
Primeiro adestramento do Poio Pescamar 23-24 / PontevedraViva

Unha semana despois de iniciar os adestramentos, o Poio Pescamar empeza a mirar cara aos seus primeiros partidos de preparación.

O conxunto conserveiro confirmou cal será a súa folla de ruta estival, con ata catro citas preparatorias, unha por sábado ata o inicio da competición no mes de setembro.

A primeira proba disputarase na casa, na Seca, o próximo 19 de agosto fronte ao recentemente ascendido FSF Castro, no que o punto curioso poñerao o reencontro cunha lenda do club como é a brasileña Dani Sousa.

Unha semana máis tarde o Poio Pescamar viaxará a Castro de Rei de participar nun cuadrangular no que tamén estará ademais do anfitrión o Burela Pescados Rubén e o Viaxes Amarelle (26 de agosto).

Xa no mes de setembro, o sábado día 2, de novo A Seca será escenario dun amigable, nesta ocasión recibindo o Ourense CF.

Por último a preparación pecharase o día 9 de setembro nos cuartos de final de Copa Galicia, ante o gañador do duelo que medirá nos próximos días ao 5 Coruña e Amarelle.