Case 4 meses de espera chegan ao seu fin para o Waterpolo Pontevedra, que regresa á piscina

Pontevedra
09 de xullo 2020

As piscinas do Complexo Deportivo Rías  do Sur de Pontemuíños e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleron esta semana os primeiros adestramentos de deportistas do Club  Waterpolo Pontevedra na súa volta á normalidade

Regreso aos adestramentos do Waterpolo Pontevedra
Regreso aos adestramentos do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

Por fin, despois de case catro meses de inactividade debido á pandemia, o Club Waterpolo Pontevedra volveu á auga.

As piscinas do Complexo Deportivo Rías  do Sur en Pontemuíños e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleron os primeiros adestramentos de deportistas do club pontevedrés, cumprindo coas medidas de seguridade establecidas.

Segundo confirma o club, algunhas categorías exercitáronse en Pontemuíños cun límite de 16 xogadores por grupo, distanciamento de dous metros e só sen máscara no momento de entrar na auga.

Pola súa banda o equipo sénior masculino retomou os adestramentos no  CGTD cun límite de 12 deportistas.

Ademais o Waterpolo Pontevedra solicitou á Secretaría Xeral para o Deporte poñer adestrar nas instalacións que a Federación Galega de Piragüismo xestiona no encoro de Pontillón do Castro.

Un pequeno paso que fai mirar ao futuro con certo optimismo, aínda que de momento "toca recuperar a forma física e pensar xa na próxima tempada", sinala o club.