Case 3 millóns de euros para o CGTD nun orzamento da Xunta para Deportes que ascende a 56

Pontevedra
19 de outubro 2023

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo, reuniuse este xoves no Centro Galego de Tecnificación Deportiva con representantes de federacións deportivas

Diego Calvo reúnese con representantes de federacións deportivas no CGTD
Diego Calvo reúnese con representantes de federacións deportivas no CGTD / Mónica Patxot

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo, reuniuse este xoves no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) con representantes de federacións deportivas.

No encontro o representante do goberno galego explicou o aumento previsto no orzamento da Xunta para o deporte, e que se eleva en 2024 ata os 56 millóns de euros (un 27% máis que o ano anterior).

Desa cifra preto de 3 millóns de euros correspóndense ao funcionamento do CGTD, ao que se suman melloras de eficiencia enerxética previstas co obxectivo de contar coas instalacións posibles nun complexo deportivo de referencia nacional. Por ese motivo Calvo solicitou de feito ao Goberno de España maior implicación que os 368.800 achegados este ano polo Consello Superior de Deportes. 

Diego Calvo explicou ademais detalles do novo Bono Deporte aprobado pola Xunta e ao que se destinarán 16,2 millóns de euros, cos que se sufragarán axudas de 120 euros aos deportistas para compra de material e equipamento ou para a realización de actividades deportivas.

Ao encontro asistiron representantes das federacións deportivas galegas de bádminton, judo, piragüismo, tríatlon e péntatlon moderno, vela, ximnasia, loita e remo.