Carolina Pedreira e Débora Lavrador non seguirán no Marín Futsal

Marín
15 de xuño 2024

O Marín Futsal continúa coa planificación da que será a súa cuarta tempada consecutiva en Primeira División. O club marinense comunicou a despedida das portuguesas Carolina Pedreira e Débora Lavrador, que chegaron no mercado de verán para reforzar ao equipo, converténdose en dous das pezas crave na permanencia do equipo na máxima categoría do fútbol sala feminino

Débora Lavrador, no partido de liga entre Marín Futsal e Ourense Envialia na Raña
Débora Lavrador, no partido de liga entre Marín Futsal e Ourense Envialia na Raña /

O Marín Futsal continúa coa planificación da que será a súa cuarta tempada consecutiva en Primeira División.

Neste sentido, o club marinense comunicou a despedida das portuguesas Carolina Pedreira e Débora Lavrador, que chegaron no mercado de verán para reforzar ao equipo, converténdose en dous das pezas crave na permanencia do equipo na máxima categoría do fútbol sala feminino.

De feito, Lavrador foi a máxima goleadora do Marín e sétima na clasificación xeral con 23 tantos no seu haber e unha media dun gol por partido. Tan só superárona a xogadora do Atlético Navalcarnero Laura Córdoba (36 goles); Lozano (31), do Atlético Torcal; Emilly (27) e Irene Samper (25), do Burela; Dani Sousa (24), do FSF Castro, e Alicia Benete (23), do Móstoles.

Pola súa banda, Carolina Pedreira foi unha xogadora indispensable no quinteto de Ramiro Díaz e terminou resultando determinante á hora de salvar ao equipo.