Carolina García queda sen final olímpica no K-2

Pontevedra
09 de agosto 2024
Actualizado: 14:47

Tras o diploma conseguido no K-4 500 co seu sexto posto, a pontevedresa afrontaba este venres as semifinais do K-2 500 xunto á asturiana Sara Ouzande en busca dunha praza para a final, quedando a menos de medio segundo de conseguilo

Carolina García e Sara Ouzande, nas semifinais olímpicas do K-2 500 en París
Carolina García e Sara Ouzande, nas semifinais olímpicas do K-2 500 en París / Real Federación Española de Piragüismo

A primeira experiencia olímpica de Carolina García chegou ao seu fin.

Tras o diploma conseguido no K-4 500 co seu sexto posto, a pontevedresa afrontaba este venres as semifinais do K-2 500 xunto á asturiana Sara Ouzande en busca dunha praza para a final, que se remaba poucas horas despois.

Tivérono preto, e é que catro embarcacións lograban a clasificación e Carolina e Sara foron sextas a menos de medio segundo das húngaras, que marcaban a cuarta posición.

Desta forma quedaron relegadas á Final B, sen posibilidade de pelexar polas medallas e diplomas olímpicos pero coa satisfacción de ter dado o máximo.

Aínda por riba, na Final B sufriron un inoportuno envorco cando eran terceiras. "O rendemento era bo, era difícil entrar na final A", recoñeceu Carolina tras a regata satisfeita polo nivel mostrado aínda que amolada por unha incidencia que "non puidemos evitar e creo que mereciamos un pouco máis".