Obxectivo cumprido para Carmen Gómez Cortés, que logrou en Weert (Holanda) a súa clasificación para os próximos Xogos Olímpicos da Xuventude que se disputará en próximo verán na localidade chinesa de Nangjing.
A triatleta pontevedresa do Triatlón Ferrol finalizou en segundo lugar o clasificatorio europeo nunha proba decidida ao sprint.
No apertado final impúxose a danesa Dean-Alberte Kjaer Pedersen (59:07), seguida de Carmen Gómez (59:09), que entrou por diante da madrileña Cecilia Santamaría (59:10) facéndose coa única praza española dispoñible para os Xogos.
Pola súa banda a tamén galega Inés Santiago entrou no décimo lugar (59:59).
Na proba masculina o compostelán Andrés Cendán non puido lograr o seu pasaporte para Nangjing ao entrar na sexto.
A competición desenvolveuse sobre a distancia sprint, con 750 metros de natación, 17,7 quilómetros de ciclismo e un segmento final de carreira a pé de 5 quilómetros.