Carmen Gómez cambia o CGTD de Pontevedra pola Residencia Blume de Madrid

Pontevedra
09 de setembro 2015

A triatleta pontevedresa incorporouse á disciplina do Centro de Alto Rendemento madrileño. Recuperada dos problemas no pé que minguaron o seu rendemento o último ano, espera "conseguir buen resultado en el campeonato de España para clasificarme para el Europeo y después para el Mundial"

Carmen Gómez no Europeo Júnior de Kitzbühel
Carmen Gómez no Europeo Júnior de Kitzbühel / Federación Galega de Tríatlon

Un dos grandes valores da canteira deportiva pontevedresa, a triatleta Carmen Gómez Cortés, decidiu facer as maletas para seguir crecendo en Madrid.

Con apenas 18 anos e sinalada como unha das promesas nacionais deste deporte, Carmen deixa o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para integrarse na disciplina do Centro de Alto Rendemento (CAR) da Residencia Blume.

"Creo que habrá más exigencia. Aquí hay gente que ya van todos a mundiales o europeos, igual al principio me cuesta un poco más adaptarme pero creo que lo voy a llevar bien", explicou a PontevedraViva recén chegada á capital do estado, onde a próxima semana retomará os adestramentos.

Na súa adaptación axudará a presenza no mesmo CAR da súa irmá, a nadadora olímpica Bea Gómez Cortés, que foi "la que más me inisitió que viniera", recoñeceu Carmen, quen compaxinará o traballo deportivo cos estudos de Belas Artes, unha carreira universitaria que "podía hacer en Pontevedra pero creo que me viene mejor entrenar aquí".

Será un importante apoio, como o serán as súas dúas compañeiras de club (Tríatlon Ferrol) e de adestramentos no CGTD, Inés Santiago e Sara Guerrero, que tamén traballarán a partir de agora na Blume.

Xunto a elas espera progresar cun obxectivo marcado esta tempada,"clasificarme para el Europeo y luego el Mundial", un Campionato do Mundo Júnior ao que non puido acudir en 2014 malia ter praza e ao que non puido acceder este 2015 ao verse minguada boa parte do ano por problemas no pé.

Esa lesión parece xa superada: "justo antes de venirme para aquí fui a hacerme una prueba y ya me dijeron que lo tengo bien, así que la semana que viene empezaré a entrenar un poco más, pero aún así hasta dentro de un tiempo no creo que empiece a correr", sinalou.

Desta forma o contratempo físico pasará a ser só un paso máis na carreira dunha deportista que xa foi quinta nun Campionato de Europa ou novena nos Xogos Olímpicos da Xuventude, onde logrou unha medalla prata na categoría de relevos mixtos.