Carlos Pouso négase a pescar nos seus antigos equipos

Pontevedra
17 de xaneiro 2020

O técnico granate descarta a fichaxe do lateral esquerdo do Logroñés, Jaime Paredes, pero non desmente a posible chegada do centrocampista do Atlético Baleares e canteirán de Osasuna, José García

Partido entre Coruxo e Pontevedra no Vao
Partido entre Coruxo e Pontevedra no Vao / Diego Torrado

"Ni se me ha pasado por la cabeza meter mi zorro en el gallinero de la gente que me ha dado de comer. Si hay equipos a los que no voy a tocar nunca son aquellos en los que he estado". Así de contundente se pronunciou Carlos Pouso na rolda de prensa previa ao partido do domingo entre Pontevedra e Racing de Ferrol. Con estas palabras, o técnico granate despexa as posibilidades de fichar a boa parte dos futbolistas aos que a dirección deportiva tenteara.

O adestrador biscaíño referiuse en concreto ao lateral esquerdo do  Logroñés, Carlos Paredes. "No prescindirán de Paredes porque es un buen jugador y a los buenos no los sueltas. Juro que no hay oferta por Paredes,aunque es una posición de las que nos podía encajar, pero el Logroñés va primero y no va a querer salir de allí ni Dios. Están a gusto, cobran al día, es un club sensacional, ni se me pasa por la cabeza traer a un tío que está luchando por ser campeón, traerle a un equipo que como mucho puede luchar por playoff", declarou Pouso, a pesar de que o defensor só ha participado en sete partidos co conxunto rioxano no que vai de liga.

Tamén se referiu ao canteirán de Osasuna e actual xogador do Atlético Baleares, José García. "Me gusta mucho y no ha coincidido conmigo", limitouse a dicir sen aclarar se hai interese real do club por contratalo. O mozo centrocampista, que saltou á fama por un vídeo seu animando a Osasuna nas bancadas do Sadar cando aínda era un neno emitido no programa de Digital +, El Día Después, chegou a debutar en Primeira División co conxunto navarro e conseguiu o ascenso a Segunda División co Extremadura. Logo militou nas filas do Salamanca e este verán fichou polo Atlético Baleares, co que só participou en nove encontros.

A dirección deportiva granate contactou tamén con outros dous xogadores do Mirandés, equipo ao que dirixiu Pouso, como Galder Cerrajería e o exgranate Mario Barco, aínda que a eles non se referiu o actual adestrador do Pontevedra. Con todo, se a operación é beneficiosa para as tres partes implicadas e o xogador elixido encaixa nos plans de Pouso, o técnico non poñería impedimentos para a súa chegada.

Aínda así, o adestrador quixo lanzar unha mensaxe de prudencia con respecto a todos os rumores que circulan polas redes sociais desde que se abriu o mercado."Si tengo que abrir la puerta a todos los jugadores que he tenido tenemos que ampliar el vestuario. Muchos estarían deseando venir y otros dirían que ni pa Dios. Dicen que un año conmigo es como cuatro con otro", chanceou.

A recente marcha de Alfredo Mejía tampouco altera demasiado os plans do Pontevedra neste mercado invernal.  "Ahí nos arreglamos. No está Berrocal en este momento pero están Sana, Romay, Álex Fernández y Pedro Vázquez, que también puede jugar por dentro", explicou. Con todo, non pecha a porta á chegada dun xogador para a parcela central. "Si hay posibilidades de traer a otro, que puede ser hasta un sub 23, pues muy bien. Pero me gustaría alguien de unas características diferentes para complementarlo un poco más", dixo sobre as opcións de sumar novos centrocampistas.

Confirmou Pouso que buscan, polo menos, polo menos tres reforzos pero a prioridade non está no mediocentro. "Ahora se ha convertido en una necesidad, pero entre lo necesario y lo prioritario hay una diferencia", afirmou.

BAIXAS

Sobre a marcha do hondureño Alfredo Mejía, o técnico granate explicou que foi o futbolista o que se dirixiu ao club para solicitar unha saída."Le daban tres veces más dinero que aquí, ¿cómo le voy a decir que no?", sinalou Pouso, que só espera que o club consiga suplir a súa marcha con outro xogador de características diferentes pero da mesma demarcación. "Podría decirle que esperase a que fiche y luego sales, pero la decisión tenía que ser inmediata porque allí no lo esperaban", detallou o adestrador que definiu ao xa  exgranate como "un gran profesional" de "comportamiento intachable".

Sobre o acordo alcanzado entre ambas as partes, Pouso asegura descoñecer os detalles da operación pero  "seguro que fue en condiciones ventajosas para ambos".

O que tomará o mesmo rumbo que Mejía pero con diferente destino será o canteirán José Rivera, que interesa ao Arosa. "Si ya tiene en la cabeza salir no tiene sentido que le quiera convencer", espetou o biscaíño sobre as palabras de Rivera solicitando máis minutos no Pontevedra ou noutro equipo. "Conmigo ha jugado, pero entiendo que quiera jugar siempre. Es joven, tiene sus impulsos y hay que asumirlo. El que no quiera estar, conmigo no va a estar. Arréglate con el club y punto pelota, pero sin ninguna mala leche por mi parte", rematou.