En plena última fase de recuperación de lesión de xeonllo, Carlos Ocaña abandona o Cisne e pon rumbo ao Caserío Ciudad Real, onde asina por dúas tempadas máis outra opcional.
O lateral esquerdo militou no club pontevedrés as tres últimas tempadas, perdéndose a segunda parte desta tras romper o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito o 2 de decembro contra o Eivissa.
Hai un ano proclamouse campión do mundo xuvenil coa selección española, que adestraba o que foi o seu adestrador no Cisne, Javier Fernández 'Jabato'.
Co Cisne logrou o ascenso a Asobal, disputando unha tempada na máxima categoría do balonmán nacional ás ordes de Javi Márquez.
BAIXA | Carlos Ocaña non continuará a vindeira tempada formando parte do primeiro plantel.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 11, 2024
O clube quere mostrar o seu agradecemento e desexámoslle moita sorte no futuro.#OrgullososDoNosopic.twitter.com/7nrFJ5RDzd