O proceso electoral iniciado na Sociedad Deportiva Teucro viviu este luns unha data clave co peche do período habilitado para a presentación de candidaturas á presidencia.
Finalizado o prazo establecido no calendario electoral, non se produciron sorpresas e unha única candidatura formalizou a súa inscrición, a encabezada polo ata agora presidente Carlos García-Alén.
O dirixente teucrista seguirá así catro anos máis á fronte da entidade, no que será o seu terceiro mandato.
García-Alén cumpriu este luns co trámite de presentar polo menos o 10% de avais dos socios entregando a documentación na sede do Pavillón Municipal dos Deportes.
Finzalizado o prazo de presentación de candidaturas, o proceso electoral pecharase o vindeiro xoves 20 de decembro coa asemblea de socios na que será proclamando oficialmente presidente do Teucro. Esta asemblea está previsto que se celebre na residencia de estudantes de Afundación (20:00 horas primeira convocatoria e 20:30 horas segunda convocatoria).