Con só 21 anos Carlos Álvarez converteuse, para todos os efectos, en internacional.
O pontevedrés viviu este mércores o seu primeiro encontro oficial coa Selección Española Absoluta de Balonmán, nunha emotiva xornada ao tratarse do primeiro evento deportivo celebrado na Comunidade Valenciana despois da catástrofe ocasionada pola DANA.
O partido entre España e Italia celebrouse no pavillón de Puerto Sagunto, sendo valedoiro para a fase de clasificación para o Europeo de 2026.
Ao extremo do Ademar de León, formado desde moi pequeno na canteira do Club Cisne, non lle tremeu o pulso e respondeu á confianza depositida nel polo seleccionador Jordi Ribera.
Carlos Álvarez colaborou con dous goles importantes ao apurado triunfo dos 'Hispanos' por 31-30.
Un partido que dificilmente esquecerá o pontevedrés, pero que supón só o primeiro paso da súa carreira na Selección.
O segundo chegará xa esta mesmo domingo 10 de novembro, co partido previsto contra Letonia no Zemgales Olimpiskais de Jelgava.
Álvarez está a vivir o seu terceiro curso como xogador da Liga Asobal, categoría na que se estreou co Cisne e na que a pasada campaña finalizou como máximo goleador e sendo elixido xogador máis valioso (MVP) da competición.
Signos dunha espectacular progresión que non fixo máis que comezar.