A gardameta do Universidade de Alacante, Elena González, vese obrigada a abandonar a concentración da Selección Española Feminina de Fútbol sala despois de dar positivo por covid-19. A porteira deu negativo no test realizado á súa chegada, xa que se incorporou para suplir a baixa da pontevedresa do Marín Futsal, Silvia Aguete, ausente polo mesmo motivo.
Con todo, nos test practicados este martes detectouse o seu positivo. A xogadora atópase ben e non presenta síntomas de ningunha clase, explican desde a Real Federación Española de Fütbol..
No seu lugar, Clàudia Pons chamou a Caridad García. A gardameta de Poio Pescamar FS xa ten experiencia coa Selección e sabe o que é defender a camiseta do combinado nacional, que se medirá ao cadete masculino do Boadilla nun partido amigable que terá lugar este mércores ás 20 horas no pavillón da Cidade do Fútbol de Las Rozas.
OFICIAL | Caridad García se incorpora a la concentración de la @SefutbolFem Sala
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SeFutbolFem) April 26, 2022
La jugadora de Poio Pescamar FS sustituye a Elena González, que causa baja tras haber dado positivo por Covid-19.
https://t.co/6Yzm5Rr4Zs#SomosFutsalpic.twitter.com/9Q8OE4kJwZ