A portería do Poio Pescamar quedou baleira tras a despedida das súas gardarredes Caridad García e Lucía Paz.
Caridad chegou á entidade vermella fai tres tempadas procedente do CD Guadalcacín FSF como unha das promesas do fútbol sala español e cumprindo con fartura as expectativas postas nela.
Compartiu portería con Silvia Aguete durante dous anos, sendo a portería do Poio Pescamar a mellor do mundo cos seus dous gardametas compartindo internacionalidade con España.
En canto á última tempada, Caridad foi titular en case todos os partidos de Liga, Copa da Raíña e Copa Galicia, levantando o título desta última; encaixou 58 goles en 30 partidos, mesma cifra que a do Futsi e só superada por Burela e Roldán.
A que tamén abandona o club conserveiro é a segunda porteira, Lucía Paz.
A nova porteira procedente da Fervenza FSF, deu o salto a Primeira División coa súa chegada a Poio con tan só 18 anos, debutando en liga e sumando ao seu palmarés a Copa Galicia, competición onde xogou algúns minutos.