Carballedo dará o pistoletazo de saída á Transgalaica 2023 o 25 de febreiro

Cerdedo-Cotobade
17 de febreiro 2023

Os participantes deberán completar sobre as súas bicicletas de montaña BTT dúas voltas a un circuíto de 30 quiilómetros cun desnivel acumulado de 1.500 metros

Presentación da décimo terceira edición da Transgalaica, coa primeira etapa en Cerdedo-Cotobade
Presentación da décimo terceira edición da Transgalaica, coa primeira etapa en Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

A Chan de Carballedo reunirá o vindeiro domingo 26 de febreiro a medio milleiro de ciclistas na proba inaugural do circuíto de bicicleta de montaña BTT na modalidade de maratón. XIII Transgalaica 2023 composta por un total de 5 carreiras.

A décimo terceira edición da Transgalaica foi presentada este xoves diante do Consistorio en Carballedo e contou coa presenza do alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e do directo do Team Relay, organizador da proba, Javier Sánchez, así como do técnico municipal de deportes Diego López González “Coco”.

A proba discorrerá por un circuíto moi esixente e formado polas pistas de terra dos montes da contorna de Carballedo cunha lonxitude uns 30 quilómetros que se terán que cubrir en dúas voltas ata conformar uns 60 quilómetros.

A carreira comezará ás 9.30 horas desde o bulevar de Carballedo e salvará un desnivel acumulado duns 1.500 metros, sendo o observatorio, a 650 metros de altura, o punto máis elevado que terán que afrontar os ciclistas. A chegada estímase que se producirá sobre as 12 horas ao centro de Carballedo e a entrega de premios está fixada para as 13.30 horas.

A Transgalaica 2023 é o circuíto de BTT máis importante do noroeste peninsular e contará coa participación dos mellores corredores galegos da modalidade así como outros procedentes de Asturias, Castela e León e de Portugal.

Ademais do concello de Cerdedo-Cotobade, as outras sedes do circuíto serán Ames (12 de marzo), A Estrada (26 de marzo), Silleda (23 de abril) e a Estación de Montaña de Manzaneda que acollerá a proba final o 30 de abril.

O alcalde, Jorge Cubela, agradeceu á organización que volveran contar con Cerdedo-Cotobade como lugar de saída desta nova edición da Transgalaica e salientou "o compromiso para seguir gozando desta proba no noso municipio pola importancia que ten en canto ao número de participantes, ao movemento que xera de persoas que siguen ou acompañan aos ciclistas e tamén polo retorno que produce sobre os establecementos hostaleiros. Ademais, é unha magnífica oportunidade para promocionar turísticamente os nosos lu1.500gares e parroquias”, indicou o rexedor.