O piragüismo regresou este sábado ao encoro do Pontillón do Castro, en Verducido, coa celebración dunha das súas citas máis esperadas: o Campionato Galego de embarcacións K2 e C2.
A competición reuniu 880 padeeiras de 38 clubs galegos, consolidándose como a segunda gran competición do ano en Galicia.
Na categoría sénior masculina por equipos, o Naval de Pontevedra alzouse coa vitoria tras sumar un total de 267 puntos, seguido de cerca polo Piragüismo Rías Baixas-Boiro (250 puntos) e o Kayak Tudense (240 puntos).
Na competición feminina, o Kayak Tudense foi o equipo máis destacado, logrando o primeiro posto con 195 puntos, seguido polo Piragüismo Verducido (181 puntos) e o Piragüismo Cidade de Lugo (116 puntos).

Entre os xuvenís, o Club Ría de Betanzos dominou a categoría masculina con 285 puntos, superando o Naval de Pontevedra (227 puntos) e o Club de Mar Ría de Aldán Hermanos Gandón (193 puntos).
Na competición feminina, a Ría de Betanzos tamén levou a vitoria con 185 puntos, seguido polo Náutico Pontecesures (132 puntos) e o Fluvial de Lugo (131 puntos).
Na categoría cadete masculina, o Club de Mar Ría de Aldán Hermanos Gandón logrou o título con 358 puntos, seguido do Ría de Betanzos (227 puntos) e o Fluvial de Lugo, mentres que na feminina a vitoria foi para o Náutico Cobres, co Ría de Betanzos e o Piragüismo Illa de Arousaocupando a segunda e terceira posición, respectivamente.
O Piragüismo Río Verdugo levou o ouro en categoría infantil masculina con 841 puntos, seguido de Confraría de Pescadores Portonovo e o Club de Mar Ría de Aldán e, na categoría feminina, o Náutico Pontecesures impúxose con 1090 puntos, por diante do E.P. Ciudad de Pontevedra e a Ría de Betanzos.
O podio máster masculino formárono o Club de Mar Ría de Aldán con 238 puntos, seguido do E.P. Ciudad de Pontevedra e o Kayak Tudense, mentres que entre as mulleres o mellor equipo foi a Ría de Betanzos, seguido do Piragüismo Verducido e o Fluvial Avión.
A próxima cita do calendario autonómico de piragüismo será elk 22 de febreiro no encoro das Cunchas, no municipio ourensán de Muíños.