Caldas presume con Antía García de campioa mundial de socorrismo

Umia
26 de novembro 2018

A deportista caldense vén de proclamarse campioa do mundo de salvamento e socorrismo en Australia, onde gañou a medalla de ouro na proba de 100 metros de remolque de maniquí con aletas 

Antía García, no podio do Campionato do Mundo de Salvamento en Australia
Antía García, no podio do Campionato do Mundo de Salvamento en Australia

Antía García non ten teito. A que fóra campioa mundial júnior de salvamento e socorrismo e campioa europea absoluta deu un paso máis na súa carreira deportiva sumando un ouro no Campionato do Mundo Absoluto celebrado en Adelaida, Australia.

A deportista caldense venceu na categoría de 100 metros remolque de maniquí con aletas cunha marca de 52.31 segundos, nunha especialidade na que estableceu recentemente o récord do mundo (51.47).

Esta medalla súmase á conseguida xa en categoría absoluta no Campionato de Europa de 2017, sendo a súa primeira presea mundialista na máxima categoría.

En Caldas de Reis poden presumir xa de contar con toda unha campioa do mundo, e non só o Club Acuático Umia, senón que desde o Concello pénsase xa en ofrecerlle un recoñecemento no próximo pleno municipal.

A Selección Española de Salvamento e Socorrismo logrou en Australia un total de 10 medallas, o que situou ao equipo absoluto no oitavo posto final e ao júnior na cuarta posición.