O tenente de alcalde de Caldas de Reis, Manuel Fariña, fixou un ambicioso obxectivo en relación ao calendario deportivo local.
A intención, asegura, é poder organizar polo menos media ducia de eventos deportivos de carácter familiar ao ano cos que atraer público e visitantes á localidade e así dinamizar a súa economía.
Fariña realizou este anuncio tras o "rotundo éxito" da carreira de orientación organizada a última fin de semana e con contou con 461 persoas rexistradas.
Unha decisión firme será a de repetir novas probas de orientación deportiva como as que se estrearon este ano no centro urbano de Caldas e nos montes de Santa María, Santo André e Arcos da Condesa, como mínimo con dúas citas anuais, unha urbana e outra penetrándose na montaña.
"A xente marchou moi contenta pola experiencia", sinalou Manuel Fariña valorando a proba da fin de semana.
Ademais das carreiras de orientación, desde o departamento de Deportes téñense planificadas para este ano e para os seguintes outros eventos como andainas por diferentes espazos naturais e urbanos, o 'Trail Laxe dos Bolos', carreiras populares e outras iniciativas que, avanzan, iranse dando a coñecer en próximas datas.