Caldas de Reis propón que abril sexa o seu 'Mes do Deporte'

Umia
22 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Esta iniciativa, organizada polo Concello coa colaboración do Club Número Phi, terá lugar todos os sábados ás 18.00 horas da tarde con obradoiros e probas deportivas

TKDay en Caldas de Reis
TKDay en Caldas de Reis / Federación Galega de Taekwondo

Abril será o 'Mes do Deporte' en Caldas de Reis.

É polo menos o que propón o Concello en colaboración co Club Número Phi, coa organización de máis de actividades para todos os públicos.

Todos as fins de semana do mes levaranse a cabo nas Palmeiras, ás 18.00 horas, obradoiros e probas deportivas de modalidades como a orientación, o gymbody, taekwondo, pilates, muay thai, trail ou ioga.

Os interesados en participar deben inscribirse previamente antes do 31 de marzo no Concello nas páxinas web habilitadas no caso das carreiras.

O primeiro sábado, 6 de abril, estreará a programación unha carreira de orientación polos montes de Santa María, e ademais organizarase un obradoiro de 'gymbody'.

En canto ao 13 de abril, será quenda para as clases de pilates ás 18.00 horas xunto ao muay thai e ao taekwondo ás 20.00 horas.

O día 21 de abril organizarase un campionato de trail running, e sábado 27 pecharase o mes con ioga.

"É unha oportunidade excelente para que as persoas residentes se mergullen na diversidade de disciplinas deportivas e descubran a súa paixón polo movemento e o deporte", afirma sobre a programación o tenente de alcalde e responsable municipal de Deportes, Manuel Fariña.