Caetano Horta, á repesca para poder entrar na semifinal olímpica de remo dobre scull

Pontevedra
24 de xullo 2021

Non puido ser. A parella formada polo remeiro galego Caetano Horta e o catalán Manel Balastegui non logrou clasificarse para a semifinal de dobre scull nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. Iso si, terán unha nova oportunidade esta próxima madrugada

Caetano Horta e Manel Balastegui (en segundo plano), en Tokyo 2020
Caetano Horta e Manel Balastegui (en segundo plano), en Tokyo 2020 / PontevedraViva

Non puido ser. A parella formada polo remeiro galego Caetano Horta e o catalán Manel Balastegui non logrou clasificarse para a semifinal de dobre scull nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. Iso si, terán unha nova oportunidade esta próxima madrugada.

Horta, deportista formado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e o seu compañeiro acabaron cuartos na súa serie eliminatoria, cun tempo de 6:38.72. Quedaron a doce segundos do pase directo a semifinais.

Foron os barcos de Noruega e Bélxica os que ocuparon as dúas primeiras prazas.

Os españois comezaron ben e chegaron a colocarse en segunda posición, pero a partir da metade do percorrido xa non puideron seguir o ritmo e a carreira fíxoselles demasiado longa.

Agora, deberán competir na repesca, que se celebrará esta madrugada ás 03:00 horas, para poder conseguir un dos tres billetes que quedan libres para semifinais.