Os oitavos de final da Copa da Raíña xa teñen emparellamentos, e o sorteo resultou esquivo para o Poio Pescamar.
O conxunto conserveiro xogará o pase á final a oito do torneo na pista do campión do últimas cinco edicións, o Burela, un duro rival para unha elminatoria que se disputará a partido único.
Mellor sorte correu o Marín Futsal, sobre todo por evitar un desprazamento, xa que o bombo cruzoulle co Les Corts, actual cuarto clasificado da máxima categoría, pero o encontro que se disputará no pavillón marinense da Raña.
Tras superar na rolda previa o Rodiles FSF, o Marín buscará neste encontro clasificarse por terceira vez consecutiva para a fase final da Copa. O Poio Pescamar pola súa banda, finalista en 2020, quere regresar ao cadro decisivo, pero para iso deberá arrebatarlle a coroa ao actual campión. Na eliminatoria previa as vermellas venceron a domicilio o Algadia FS.
Os partidos da terceira rolda da Copa da Raíña disputaranse o próximo 1 de novembro, mentres que a fase final en sede única está prevista para os días 12, 13 e 14 de abril.