O plantel do Cisne para a nova tempada en División de Honra Prata segue tomando forma. Tras o anuncio das dúas novas incorporacións, a dirección deportiva branca segue ampliando a nómina de renovacións, o último en selar a súa ampliación é Bruno Vázquez, que seguirá unha tempada máis no club.
O primeira liña branco sumará así a súa terceira campaña consecutiva como xogador do primeiro equipo.
O peso de Vázquez no primeiro equipo foi crecendo nas últimas tempadas e o pasado curso en Liga Asobal disputou un total de 18 partidos achegando para o seu equipo 26 goles.
Con 23 anos de idade e 183 centímetros de altura, o lateral mostrouse "moi contento" pola renovación e poder seguir traballando xunto cos seus compañeiros por devolver ao Cisne á elite.
O persoal do equipo pontevedrés segue en construción, pero Jabato xa sabe que poderá contar coas dúas novas fichaxes Rubén Etayo e Alberto Delgado, así como cos renovados Mateo Arias, Gualther Furtado, Roney Franzini, Iván Calvo e Dani Serrano.