O deporte de Pontevedra e a súa comarca únese para apoiar a loita da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Son moitos os clubs que se sumaron á iniciativa 'Brazaletes de esperanza', coa que porán da súa parte para visibilizar a loita contra esta enfermidade.
Durante a xornada previa e posterior á celebración do Día Mundial contra o Cancro os equipos pontevedreses portarán na súa manga un brazalete verde como apoio á AECC.
Será así por tanto este sábado 1 e 2 de febreiro e os días 8 e 9 de febreiro.
O obxectivo, asegura a asociación, é cambiar o símbolo do brazalete negro que simboliza o loito por outro dunha cor que evoca á esperanza e a supervivencia.
Este crespón verde pretende simbolizar as vidas que se salvarán se acadan a cifra do 70% de supervivencia ao cancro, obxectivo que se marca a AECC co apoio de todos os sectores da sociedade.
Confirmaron a súa adhesión á campaña equipos como o Pontevedra Club de Fútbol, el Club Cisne Balonmano, Stellae Leis Pontevedra FS, Pontevedra Rugby Club, Mareantes RCP, Club Voleibol Pontevedra, CAB Pontevedra, School Padel, Poio Pescamar, Bueu Atlético BM, BM Poio Artai. BM Rasoeiro, Campo Lameiro CD, Atlético Villalonga FF, SD Campañó, SCD Ponte Caldelas, CD Grove, SD Amanecer, CD Soutomaior, Club Academia Tecnificación Fútbol Salnés, CF Caldas de Reis, CD Portas, CD La Peña e Santomé SD.
Tamén participarán a Arousa Bike na Copa BTT Galicia ou a Federación Galega de Piragüismo nun campionato que terá lugar en Verducido.