O boxeo, usado como ferramenta para o empoderamento feminino en Sanxenxo

Sanxenxo
16 de outubro 2024

O CIM de Sanxenxo puxo en marcha unha actividade de fomento da autoestima feminina a través do boxeo

Luvas para a práctica de boxeo
Luvas para a práctica de boxeo / Federico Cardoner - Flickr

O deporte como ferramenta. É o que pensou o Centro da Información á Muller (CIM) de Sanxenxo, que decidiu usar o boxeo na súa próxima iniciativa.

Trátase dunha actividade pensada para o empoderamento e fomento da autoestima feminina a través deste deporte, cuxo procentaje de práctica segue sendo maioritariamente masculino.

O obxectivo, expica o Concello de Sanxenxo, é formar a un grupo de mulleres nesta modalidade deportiva á vez que se fomenta a súa autoestima dunha forma grupal e práctica, xa que se considera unha actividade que axuda a aumentar a resistencia física, favorece a autodisciplina e que tamén ten beneficios para a saúde mental, ao ser un catalizador de enerxía e emocións.

O curso terá cinco meses de duración e será impartido por Pibe's Team Club os martes e xoves, de 20.00 a 21.15 horas, no pavillón de Vilalonga.

Será unha actividade totalmente gratuíta que dará comezo o próximo 8 de novembro e que contará con 15 prazas, sendo posible solicitar máis información a través do correo electrónico [email protected].