Bos resultados para o Club de Loita Pontevedra no Campionato de España

Pontevedra
18 de marzo 2014

Os tres representantes do club lerezano regresaron de Madrid con medallas. Pablo García colgouse o bronce en categoría sénior en loita grecorromana

Pablo García, Marcos Miragaya, Lidia Pérez e Carmen Salgado
Pablo García, Marcos Miragaya, Lidia Pérez e Carmen Salgado

Tres de tres para o Club de Loita Pontevedra no Campionato de España Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas, celebrado o pasado fin de semana na localidade madrileña de San Agustín del Guadalix.

Ata alí desprazáronse Pablo García, Lidia Pérez e Carmen Salgado, logrando todos eles subir ao podio nas súas respectivas categorías.

O primeiro deles, Pablo García, único competidor pontevedrés en categoría sénior, concluíu en terceiro lugar en loita grecorromana de 71 quilos.

O loitador lerezano compartiu o bronce co murciano Alberto Martínez nunha competición que se adxudicou o madrileño Diego Jussot seguido do navarro Pablo Marín.

Por outra parte en idade cadete Lidia Pérez, tras o seu ouro júnior de hai uns días, repetiu éxito en 60 quilos loita libre, mentres Carmen Salgado se colgou a prata en loita libre 52 quilos.