A disputa entre o Pontevedra Club de Fútbol e Borja Domínguez dirimirase nos xulgados.
Segundo adiantou o portal PontevedraCF.Net, o futbolista vigués denunciou xudicialmente por despido improcedente o club granate ao non estar conforme cos argumentos esgrimidos para formalizar a súa baixa.
Será por tanto o Xulgado dos Social o que aclare a súa situación, nunha vista que xa foi fixada e que se celebrará antes de final de ano, ao tratarse de procedementos que afán resolverse con prontitude.
Cabe lembrar que, o pasado mes de xuño, Charles Dias anunciou en rolda de prensa a renovación automática de Borja Domínguez por unha campaña ao cumprirse supostamente unha cláusula do seu contrato (por partidos disputados), aínda que os aspectos concretos desa renovación e de se se cumpriron os obxectivos están no centro da controversia.
No medio da disputa Borja Domínguez non se chegou xa a incorporar no mes de xullo aos adestramentos do primeiro equipo, ausentándose desde o primeiro día da pretempada ao non contar o Pontevedra con el dentro da súa planificación deportiva.