Boa fin de semana para os equipos do Leis pontevedra

Pontevedra
30 de setembro 2012

O conxunto masculino de Terceira División ascende á terceira praza e o feminino gaña na Copa Galicia

Fin de semana positivo para o Leis Pontevedra Fútbol Sala tras as vitorias dos seus dous equipos de referencia.

O conxunto masculino aúpase á terceira posición tras dobregar nun axustado encontro ao Xove por tres goles a un. Os de Raúl Jiménez sobrepuxéronse ás numerosas baixas para confirmar o seu bo comezo de tempada.

En canto ao bloque feminino, logrou facer bos os pronósticos ao vencer o Concello de Mos por tres a nove e clasificarse por segundo ano consecutivo para a fase final da Copa Galicia. O encontro serviu para preparar o inminente comezo da liga na Segunda División ante o Atlético Madrid Navalcarnero.