A localidade madrileña de Xetafe foi escenario do Campionato de España Xuvenil de atletismo, no que estivo ben representada a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Seis atletas do club pontevedrés tomaron parte na cita con destacados resultados, especialmente o de Lucía Ferrer, sexta nos 110 metros valas rebaixando o seu record galego ata os 14.35 segundos. Peor lle foron as cousas nos 100 metros lisos, nos que quedou fóra das semifinais tras correr en 13 segundos na primeira rolda.
Nos saltos, Marco Martínez e Pablo Tojal realizaron unha actuación digna de mención, situando senllos listóns de altura e pértega, respectivamente, preto das súas marcas persoais con 1.80 metros para o primeiro e 3.92 metros para o segundo deles.
María Jiménez e Iria Filgueira achegáronse tamén ás súas marcas nos lanzamentos. María foi undécima no disco (33.96 metros), mesma posición que Iria no martelo (44.24 metros).
Pola súa banda Lucía Cardesín quedou ás portas da final nos 1.500 metros, correndo a semifinal en 5:07.80.