Unha participación dun nivel "de luxo".
Así defenden desde a organización do Campionato de Europa de Ciclocrós de Pontevedra a lista de incritos para correr o gran evento continental na Illa das Esculturas.
Serán en total 185 ciclistas de 19 países os que participarán o sábado 2 e domingo 3 de novembro no Europeo nas probas júnior, sub-23 e elite, ao que se engaden os 321 corredores de 18 nacionalidaes que tomarán parte nas probas máster de grupos de idade previstas para este mesmo venres día 1.
As seleccións de Bélxica e Países Baixos aparecen en todas as quinielas como grandes favoritas.
O español Felipe Orts quere ofrecer batalla na proba elite masculina, na que defenderá o seu título de vixente campión de Europa o belga Michael Vanthourenhout. Os seus compatriotas Toon Aerts e Eli Iserbyt, campións continental en 2016 e 2020 respectivamente, tamén aspiran a todo, así como os neerlandeses Lars van dese Haar (campión europeo en 2021), Ryan Kamp e Pim Ronhaar.
Na proba elite feminina estará a vixente campioa mundial, Fem van Empel (Países Baixos), así como as súas compatriotas Lucinda Brand e Ceylin del Carmen Alvarado. Todo iso sen esquecerse da belga Sanne Cant, a francesa Hélène Clauzel e a italiana Sara Casasola. Nesta categoría a española Lucía González loitará por protagonizar un bo papel.
Na categoría Sub-23 Jente Michiels (Bélxica) apunta a ser a referencia na proba masculina, con Miguel Rodríguez (Froiz) e Tomás Pombo como galegos a seguir. Na feminina pola súa banda Laura Mira (Farto) e Aroa Otero (Froiz) pelexarán con rivais da talla de Marie Schreiber (Luxemburgo), Célia Grey (Francia) ou Kristýna Zemanová (República Checa).
Por último en categoría júnior todas as miradas estarán postas na marinense Lorena Patiño (XSM) nunha carreira que contará como gran favorita coa suíza Anja Grossmann. Na competición masculina pola súa banda destacan nomes como Kryštof Bažant (Chequia), os belgas Arthur Van Dean Boer, Mats Vanden Eynde e Giel Lejeune e o austriaco Valentin Hofer.