Revolución no novo proxecto deportivo do Marín Futsal.
Dunha tacada, este venres o club marinense anunciou cinco saídas de futbolistas, que se unen ás xa confirmadas con anterioridade de Silvia Aguete, Ceci, a capitá Pau, Lara Balseiro e Bea Mateos, que deixou as pistas en abril.
Nesta ocasión as saídas inclúen tamén a futbolistas importantes como a internacional Ale de Paz, ademais de Lucía Paz, María León, Iria e Nuria.
Con elas son ata 10 as xogadoras que abandonan A Raña co final da presente tempada.
No bando contrario, as futbolistas que renovaron co Marín Futsal son Jessi 'Café', Inés Mayán, María Estévez e Adriana, ademais da do adestrador Ramiro Díaz.